sorte
sorte
lat sŏrte
-
s
f
Encadeamento fortuíto de sucesos que fai que todo se desenvolva dunha determinada maneira.
-
s
f
Tipo, clase ou xénero dalgunha cousa.
-
s
f
Cada unha das parcelas dun terreo comunal que, por sorteo, lle toca a cada veciño.
-
s
f pl
Os doce primeiros días do mes de xaneiro que predín o tempo para os doce meses do ano.
Confrontaciones
fortunaFrases hechas
-
Botar a sortes. Sortear.
-
De sorte que loc conx De maneira que, de forma que.
-
Por sorte. Afortunadamente.
Refranes
- A auga todo o lava, menos a mala fada.
- A bo entendemento, pouca fortuna.
- A boa ventura nunca moito dura.
- A boa ventura pouco dura; a mala, tarde se acaba.
- A mala chaga sana, a mala fada mata.
- A mala procura trae a mala ventura.
- A mellor sorte é ter unha boa morte.
- A mellor ventura é a do que a procura.
- A quen Deus quere ben, o vento axúntalle a leña.
- A roda da fortuna nunca é unha.
- A sorte non é para quen a busca, senón para quen a atopa.
- Aceitona e fortuna, ás veces moita e ás veces ningunha.
- Afortunado en cartas, desgraciado en faldras.
- Ben enriba de ben, bolo untado de mel.
- Ben ¿a onde vas? -A onde teñen máis.
- Cando a ventura chega a unha casa, botala fóra é parvada.
- Cando é máis grande a ventura é menos segura.
- Cando moito, moito e, cando pouco, pouco.
- Cando tiven dentes, non tiven pan e agora, que teño pan, non teño dentes.
- Coa fortuna calquera pobre atura.
- De malas fadas logo se enchen as casas.
- Fortuna e aceitona, ás veces" pouca e ás veces moita.
- Hai cativos con fortuna e bos mozos sen ningunha.
- Hai pillabáns con fortuna e homes de ben con ningunha.
- Malas fadas fixéronme negra, que eu ben branca era.
- Ninguén desperte a mala ventura, cando esta durma.
- O máis fUín porco topa unha boa landra.
- O peor porco come a mellor landra.
- O que che tocou en sorte non o teñas por forte.
- Onde hai morte, non hai boa sorteo
- Onte porqueiro e hoxe cabaleiro.
- Para o fUín porco sempre hai unha boa castaña.
- Para ter fortuna non vale ciencia nin cousa ningunha.
- Puxéronme as malas fadas moura, que antes era ben loura.
- Quen mala ventura ten non a vai botar á porta de ninguén.
- Quen menos a procura, topa ás veces máis ventura.
- Quen menos vale é quen ás veces máis crece.
- Quen ten unha boa hora non as ten malas todas.
- Se a ventura é moita ata as augas se trocan en troitas.
- Se non tes para hen, para mal non che faltará.
- Sempre o ruín ha topar unha boa landra.
- Sempre vai o ben a quen máis ten.
- Ten ás veces máis ventura o que menos a procura.
- Uns nacen de pe e outros non saben para qué.
- Uns nacen deitados e outros nacen de pe.
- Vaise o ben ao ben, como as abellas ao mel.
- ¡Benia a tallada que trae outra engarrada!
- ¡Mundo, mundiño, cando non hai para pan, hai para viño!
- ¡Sorte teñas, fillo, que o saber non sempre vale!
- ¡Ventura che dea Deus, que o saber pouco che abonda!