ser

ser

lat sedēre ‘estar sentado’

  1. v i

    Existir ou ter realidade.

  2. v i

    Ter lugar ou acontecer algo.

  3. v i

    Serve de cópula entre o suxeito e o atributo, facendo recaer no primeiro a calidade ou circunstancia que indica o segundo.

  4. v i

    Proceder ou ter orixe.

  5. v i

    Estar feito do material que se refire.

  6. v i

    Formar parte dun grupo, en particular dunha familia, ou ter algún tipo de parentesco con alguén.

  7. v i

    Pertencer a unha determinada familia.

  8. v i

    Custar ou ter un prezo determinado.

  9. v i

    Marcar un reloxo ou un calendario a hora e a data.

  10. v i

    Indica, nas construcións adverbiais, sobre todo tempo ou lugar

Sinónimos

Citas

  • A casa é grande, Iso é un roubo
  • A gaita é de madeira de buxo
  • Dous máis dous son catro
  • É da empresa
  • É moi cedo para saír
  • Era unha vez un home.
  • O accidente foi no tren
  • Os cartos son para gastar, O regalo é para a avoa
  • Que es ti de Ana?
  • Son as seis
  • Son de Chantada, Son galega
  • Son dos do Ferreiro
  • Son vinte euros

Frases feitas

  • A non ser que. Expresa exclusi

  • A non ser que/se. Introduce unha condici

  • A non ser. Excl

  • Como sexa. Indica que algo debe facerse sen que nada nin ningu

  • Non sendo. A non ser.

  • Non vaia ser. Polo que poida pasar ou por se acaso.

  • O que sexa. Conformarse con calquera cousa.

  • Ser + a + infinitivo. Per

  • Ser todos uns. Non existir diferenza entre as persoas de quen se trata.

  • Ser un botaporela. Aladear de algo.

  • Ser un Xan. Ser un mi

  • Como debe ser. Tal e como est

  • Non ser para menos. Enfatiza o que se dixo con anterioridade.

  • Ou sexa. Expresi

  • Ser + participio. Per

  • Ser todos a. Indica, seguido dun infinitivo, que a acci

Refráns

  • Cada un é cada un.
  • Dime que n es e direiche quen fuches.
  • Máis vale ás veces ser que parecer.
  • O que é e o por que é, non saben moitos como é.
  • O que foi e non é, como se non fora.
  • O que foi e xa non é, é o mesmo que se non fose.
  • O que foi, é e será.
  • O que ha ser, convén que sexa.
  • O que ha ser, vai sendo.
  • Se fuches e non es, é o mesmo que se non foras.
  • Ser e non ser, non pode, xunto, ser.
  • Todo o que foi puido ser e todo o que é xa foi.
  • Un e nada, todo é un.
  • Un é ningún, todo é un.
  • Un non é ningún e dous son un.
Conxugar
VERBO ser
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
son
es
é
somos
sodes
son
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
era
eras
era
eramos
erades
eran
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fun
fuches
foi
fomos
fostes
foron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fora
foras
fora
foramos
forades
foran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
serei
serás
será
seremos
seredes
serán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sería
serías
sería
seriamos
seriades
serían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sexa
sexas
sexa
sexamos
sexades
sexan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fose
foses
fose
fosemos
fosedes
fosen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
for
fores
for
formos
fordes
foren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
-
sede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ser
seres
ser
sermos
serdes
seren
Xerundio sendo
Participio sido
sida
sidos
sidas