selva
selva
lat silva
-
s
f
Bosque mesto e pouco alterado propio das zonas tropicais.
-
selva nebulosa
Bosque exuberante propio do nivel de néboas das montañas, característico dalgunhas montañas intertropicais.
-
selva pluvial
[ECOL ]
Conxunto de bosques que ocupan as rexións cálidas con pluviosidade abondosa durante todo o ano.
-
selva virxe
Bosque que non foi nunca explorado polo home.