selo

selo

lat sigillu

Plural: selos
  1. s m [FILAT ]

    Anaco de papel estampado cunha figura e con indicación do seu importe emitido por unha administración postal e destinado a franquear os envíos confiados aos servizos de correos.

  2. s m [FILAT ]

    Matriz, tórculo ou outro utensilio, de metal ou caucho, que leva gravado en relevo signos propios dunha persoa ou institución, para estampalos a presión, tinguilos nun tampón ou imprimilos nun papel, e que serven para identificar a propiedade dunha cousa, ou garantir a autenticidade ou validez dun documento.

  3. s m [HIST/ARTE ]

    Marca de fábrica estampada ou impresa cun selo que serve para indicar a datación e a procedencia dunha peza cerámica, tellas e ladrillos.

  4. s m

    Característica propia de algo ou alguén que o diferencia do resto.

  5. selo de Salomón [HIST ]

    estrela de David.