segregación

segregación

lat segregatĭōne

Plural: segregacións
  1. s f

    Acción e efecto de segregar ou segregarse.

  2. s f [FISIOL ]

    secreción.

  3. s f [XEN ]

    Disociación da parella de xenes no proceso de maduración.

  4. s f
    1. Falta de homoxeneidade nas diferentes partes dunha aliaxe, de composición química diferente, a causa da diferenza nas temperaturas de fusión dos metais que a compoñen.

    2. Separación de compoñentes heteroxéneos durante a solidificación dunha aliaxe.

  5. segregación racial [SOCIOL/POLÍT ]

    Tipo de racismo que consiste na separación, dentro dunha comunidade, de persoas dunha ou máis etnias.