sanción

sanción

lat sanctĭōne

Plural: sancións
    1. s

      Autorización ou aprobación que se dá a un acto, un uso ou un costume.

    2. s [DER/ADM ]

      Acto polo que a autoridade competente ratifica e fai válida unha disposición legal.

    3. sanción parlamentaria / [DER/ADM ]

      Acto polo que o Parlamento confirma unha decisión tomada polo goberno.

  1. s f
    1. Castigo que provén dunha acción mal feita.

    2. [DER ]

      Cada unha das medidas políticas, económicas e militares que algúns organismos internacionais ou algúns grupos de estados impoñen a un estado porque o consideran agresor contra outro ou violador dos dereitos humanos.