árbore
< lat arbŏre
-
-
s
exetal leñoso que presenta un tronco único que ramifica a certa distancia do chan. As partes esenciais son as raíces, o tronco e a copa, onde están as follas que realizan a fotosíntese. As árbores regulan os ciclos do osíxeno e do dióxido de carbono e o ciclo hidrolóxico.
-
árbore aciculifolia
Árbore de follas aciculares, estreitas e longas, como agullas.
-
árbore afogadora
exetal hemiepífito que xermina enriba dunha árbore, crea raíces que baixan ata a terra e, transfórmase nunha árbore que mata a planta sobre a que medrara.
-
árbore caducifolia
Árbore na que as follas se manteñen activas durante un só período vexetativo.
-
árbore de ribeira
Árbore que vive en solos húmidos.
-
árbore esclerófila
Árbore de folla persistente, dura, coriácea e pequena.
-
árbore laurifolia
Árbore de folla plana e dura.
-
árbore perennifolia
Árbore na que as follas manteñen a súa actividade durante diversos períodos vexetativos.
-
s
-
-
s
Cada un dos paus redondos fixados verticalmente nunha nave, que sosteñen as velas e as vergas.
-
árbore mestra
O pau máis alto da nave.
-
s
-
s
f
[TECNOL ]
Peza en forma de barra que soporta partes dun artefacto dispostas ao seu redor.
-
-
s
Peza dun mecanismo que transmite a outra peza o movemento aplicado á primeira.
-
árbore de transmisión
Peza mecánica capaz de transmitir o movemento entre dous eixes non aliñados.
-
s
-
-
s
Nome que se aplica, por extensión, ao eixe.
-
árbore de levas
Eixe que ten como finalidade transmitir o movemento a unha máquina facendo xirar unha ou máis levas.
-
s
-
análise sintáctica en árbore
[LING ]
Diagrama en forma de árbore que representa os constituíntes inmediatos da oración, cláusula ou frase.
-
árbore bronquial
[ANAT ]
Conxunto anatómico formado polos bronquios e as súas ramificacións.
-
árbore da ciencia do ben e do mal
[RELIX ]
Unha das árbores do Paraíso Terreal, que producía o froito prohibido por Deus a Adán e Eva.
-
-
árbore da noz moscada [Myristica fragans]
Árbore da familia das miristicáceas cuxa semente é a noz moscada.
-
árbore do pan
Árbores do xénero Artocarpus pertencentes á familia das moráceas que presenta froitos comestibles do tamaño dun melón, cubertos de espiñas.
-
árbore da noz moscada [Myristica fragans]
-
árbore da vida
-
Formación anatómica arborescente que presentan as eminencias das paredes anterior e posterior da cavidade do colo uterino.
-
Forma arborescente na que as materias gris e branca aparecen nunha sección vertical do cerebelo.
-
-
árbore da vida
[RELIX ]
Árbore situada no medio do Paraíso Terrenal, que había asegurar a inmortalidade da primeira parella, Adán e Eva, se non pecasen.
-
árbore de amarre
[AERON ]
Torre metálica que servía para suxeitar un dirixible, permitíndolle orientarse respecto á dirección do vento.
-
árbore de lume
[TECNOL ]
Construción de madeira formada por unha barra vertical, con listóns horizontais, onde se colocan os foguetes artificiais.
-
árbore de Nadal
[TECNOL ]
Conxunto de condutos, chaves e espitas, colocadas na boca dun pozo de petróleo do que saen os oleodutos.
-
árbore de Nadal
Abeto ou árbore similar que se adorna con luces e obxectos luminosos.
-
árbore de Porfirio
[FILOS ]
Diagrama destinado a ilustrar a subordinación lóxica dos conceptos, desde a substancia considerada como xénero supremo ata o individuo, a través dunha serie de intermediarios.
-
árbore de Xesé
[ARTE/RELIX ]
Árbore xenealóxica de Xesús a partir de Xesé, pai de David.
-
árbore eléctrica
[TECNOL ]
Dispositivo de emparellamento eléctrico entre dúas ou máis árbores rotativas que ten a función de asegurar o sincronismo entre elas.
-
árbore filoxenética
[BIOL ]
Esquema que representa as relacións de parentesco entre as especies.
-
árbore xenealóxica
[HERÁLD/ARTE ]
Representación gráfica da xenealoxía dunha familia mediante o debuxo dunha árbore, na que as pólas representan as xeracións que, xurdindo do tronco, orixinan novas pólas.
Sinónimos
Confrontacións
cladogramaCitas
- Escachou a árbore do barco e o capitán mandou volver a porto
Refráns
- A árbore ruín non dá" máis que ruín froito.
- A árbore sen codia é coma a muller sen vergonza.
- Á árbore sen froito chámolle leña para o lume.
- Arbore de bo natío cobre un palmo e paga cinco.
- Arbore sen frol é coma dia sen SOl.
- Coma as árbores son as persoas: uns dan sombra ou froitos; e outros, nin sombra nin froitos.
- Non plantes árbores nin amanses poldros nin chúfe-Ia muller doutro.
- Non plantes árbores nin amanses poldros nin chúfela muller pouco nin moito.
- Os alciprestes, coma os fidalgos, poucos, sós e altos.
- Quen a boa árbore se achega, ben acobexa.