mastro

mastro

fr antigo mast

Plural: mastros
  1. s m [MAR ]

    Pau redondo fixado verticalmente nunha nave, que sostén as velas e as vergas.

  2. s m p ext

    Barra vertical que serve para soster algo.

  3. s m

    Peza estreita e alongada dalgúns instrumentos de corda en que se tensan as cordas no seu extremo.

Confrontacións

hasta

Citas

  • Izou a bandeira no seu mastro
  • O mastro do vello violín perdera xa o seu verniz

Formas incorrectas

mástil