sacudir

sacudir

lat succutĕre

  1. v t

    Mover algo ou a alguén violentamente dun lado a outro.

  2. v t

    Golpear repetidamente unha cousa co fin de limpala.

  3. v t

    Quitar algo do sitio en que está movendo as mans ou o corpo ou a través de sucesivos movementos.

  4. v t

    Causar a alguén unha emoción forte e intensa.

  5. v t

    Liberarse de algo ou alguén que resulta molesto.

  6. v t

    Bater a alguén.

  7. v pron

    Axitar o corpo.

Sinónimos

Confrontacións

abanear, axitar, bater

Citas

  • Ao recibir a noticia, sacudiuna unha enorme felicidade
  • As vacas sacudían as moscas co rabo
  • Sacode as alfombras e logo pásalle o aspirador
  • Sacudíase coas convulsións
  • Sacudiron o castiñeiro para coller os ourizos
  • Sacudíronlle unha labazada
  • Sacudiu todos os problemas que se lle presentaban
Conxugar
VERBO sacudir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sacudo
sacodes
sacode
sacudimos
sacudides
sacoden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sacudía
sacudías
sacudía
sacudiamos
sacudiades
sacudían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sacudín
sacudiches
sacudiu
sacudimos
sacudistes
sacudiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sacudira
sacudiras
sacudira
sacudiramos
sacudirades
sacudiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sacudirei
sacudirás
sacudirá
sacudiremos
sacudiredes
sacudirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sacudiría
sacudirías
sacudiría
sacudiriamos
sacudiriades
sacudirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sacuda
sacudas
sacuda
sacudamos
sacudades
sacudan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sacudise
sacudises
sacudise
sacudisemos
sacudisedes
sacudisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sacudir
sacudires
sacudir
sacudirmos
sacudirdes
sacudiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
sacude
-
-
sacudide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sacudir
sacudires
sacudir
sacudirmos
sacudirdes
sacudiren
Xerundio sacudindo
Participio sacudido
sacudida
sacudidos
sacudidas