arañeira

arañeira

araña

Plural: arañeiras
  1. s f [ZOOL ]

    Tecido que elaboran diversos arácnidos co fío ou seda, producido polas fieiras das glándulas sericíxenas e que serve de trampa para cazar as presas das que se alimentan e tamén como habitáculo.

  2. arañeira mundial [INFORM ]

    Sistema de información con mecanismos de hipertexto que está constituída por un grupo de ordenadores que transmiten e reciben información cunha mesma linguaxe, a HTML, Hypertext Markup Language.

  3. teorema da arañeira [ECON ]

    Teorema que explica os mecanismos de axuste entre a curva de oferta e a de demanda cando entre as decisións de producir e as de mercar hai un espazo de tempo considerable.