arañeira
arañeira
araña
-
s
f
[ZOOL ]
Tecido que elaboran diversos arácnidos co fío ou seda, producido polas fieiras das glándulas sericíxenas e que serve de trampa para cazar as presas das que se alimentan e tamén como habitáculo.
-
arañeira mundial
[INFORM ]
Sistema de información con mecanismos de hipertexto que está constituída por un grupo de ordenadores que transmiten e reciben información cunha mesma linguaxe, a HTML, Hypertext Markup Language.
-
teorema da arañeira
[ECON ]
Teorema que explica os mecanismos de axuste entre a curva de oferta e a de demanda cando entre as decisións de producir e as de mercar hai un espazo de tempo considerable.