ruído

ruído

lat rugītu ‘ruxido’

Plural: ruídos
  1. s m
    1. Son ou conxunto de sons inharmoniosos de calquera tipo que non sexa a voz humana ou dun animal, nin o son dun instrumento musical.

    2. Mestura de sons confusos e irregulares.

    3. [FÍS ]

      Conxunto de fenómenos vibratorios, xeralmente do aire, que son percibidos polo sistema auditivo e que provocan no home, baixo certas condicións, unha sensación de rexeitamento. Mídese en decibeis.

  2. s m

    Perturbación que afecta a un proceso de comunicación.