románico -ca

románico -ca

lat romanĭcu

Plural: románicos Masculino: románico Masculino plural: románicos Feminino: románica Feminino plural: románicas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao románico.

  2. adx [ARTE ]

    Aplícase ao primeiro estilo europeo do Occidente cristián medieval, que se practicou durante os ss XI, XII e XIII, e que afectou a todas as artes, e que se caracterizou en arquitectura por presentar muros macizos, arco de medio punto, bóveda de canón, ábsidas semicirculares cubertas con bóveda de pedra e planta de cruz latina.Tm sm.

  3. linguas románicas [LING ]

    Conxunto de linguas derivadas do latín vulgar, como o galego, o portugués, o asturleonés, o castelán, o aragonés, o catalán, o occitano, o francés, o italiano, o romanche e o romanés.

Sinónimos