románico -ca
románico -ca
lat romanĭcu
-
adx
Relativo ou pertencente ao románico.
-
adx
[ARTE ]
Aplícase ao primeiro estilo europeo do Occidente cristián medieval, que se practicou durante os ss XI, XII e XIII, e que afectou a todas as artes, e que se caracterizou en arquitectura por presentar muros macizos, arco de medio punto, bóveda de canón, ábsidas semicirculares cubertas con bóveda de pedra e planta de cruz latina.Tm sm.
-
linguas románicas
[LING ]
Conxunto de linguas derivadas do latín vulgar, como o galego, o portugués, o asturleonés, o castelán, o aragonés, o catalán, o occitano, o francés, o italiano, o romanche e o romanés.