rizópodo -da
rizópodo -da
Plural:
rizópodos
Masculino:
rizópodo
Masculino plural:
rizópodos
Feminino:
rizópoda
Feminino plural:
rizópodas
-
adx
Relativo ou pertencente aos rizópodos.
-
s
m
[PROTISTA ]
Protozoo da superclase dos rizópodos.
-
s
m pl
[PROTISTA ]
Superclase de protozoos sarcomastigóforos integrada por dous tipos de especies, unha carente de membrana ríxida, e a outra con esqueleto, que ten case sempre un só núcleo e presenta vacúolas dixestivas e contráctiles. Presentan pedoxénese e enquistamento, e pseudópodos de tipo filamentoso, sen eixe interno, que ao se entrecruzar forman unha rede. Hai especies mariñas e de auga doce, algunhas son moi importantes nos sedimentos peláxicos e na identificación de estratos.