rizópodo -da

rizópodo -da
Plural: rizópodos Masculino: rizópodo Masculino plural: rizópodos Feminino: rizópoda Feminino plural: rizópodas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos rizópodos.

  2. s m [PROTISTA ]

    Protozoo da superclase dos rizópodos.

  3. s m pl [PROTISTA ]

    Superclase de protozoos sarcomastigóforos integrada por dous tipos de especies, unha carente de membrana ríxida, e a outra con esqueleto, que ten case sempre un só núcleo e presenta vacúolas dixestivas e contráctiles. Presentan pedoxénese e enquistamento, e pseudópodos de tipo filamentoso, sen eixe interno, que ao se entrecruzar forman unha rede. Hai especies mariñas e de auga doce, algunhas son moi importantes nos sedimentos peláxicos e na identificación de estratos.