responsabilidade

responsabilidade

responsable

Plural: responsabilidades
    1. s

      Calidade da persoa que cumpre coas súas obrigas.

    2. s responsabilidade colectiva s f [HIST ]

      Responsabilidade considerada, en diversos pobos e relixións históricas, como característica propia e exclusiva da colectividade, de xeito que as faltas cometidas por unha xeración son imputables ás posteriores e poden ser castigadas en calquera dos seus membros ou no mesmo grupo como conxunto.

    1. s [DER ]

      Capacidade que ten todo suxeito activo de dereito de coñecer e de aceptar as consecuencias dun acto propio consciente e libre.

    2. responsabilidade xurídica [DER ]

      Obriga que se ten de responder dos danos ou prexuízos causados.

    3. responsabilidade ministerial / [DER/POLÍT ]

      Capacidade que, en réximes democráticos, teñen as cámaras lexislativas de esixirlles aos membros do poder executivo a responsabilidade dos seus actos.

  1. s f

    Situación de alguén que está ao cargo ou baixo as ordes de algo ou alguén.

  2. s f

    Obriga moral de render contas por algo.

Refráns

  • Antes teñas que dicir, que che teñan que dicir.
  • Ben sabe o burro onde omea.
  • Cousa feita feita está.
  • Do coiro che han de saír as correas, inda que ti non o creas.
  • O que enredou a meada, que saiba desenredala.
  • Quen coma as maduras, que roia as duras.
  • Quen queira nabos, vaia arrincalos.