decisión

decisión

lat decisĭōne

Plural: decisións
  1. s f
    1. Acción de decidir ou decidirse.

    2. Aquilo que se decidiu.

  2. s f

    Calidade de decidido.

    1. s

      Calquera resolución ou fallo dun xuíz ou do tribunal competente, en calquera controversia sometida á autoridade xudicial.

    2. s

      Parte dispositiva dun acto que implica poder resolutorio nun expediente administrativo, nunha sentenza dun preito civil ou nunha causa criminal.

    3. s

      Disposición comunitaria de dereito derivado, obrigatoria en todos os seus elementos.

    4. s

      Parte dispositiva dunha lei ou regulamento.

  3. teoría da decisión estatística [MAT ]

    Teoría matemática que consiste nunha aproximación unificadora á estatística matemática, baseada no concepto de xogo de estratexia, que inclúe a estimación puntual e por intervalos, e tamén a teoría dos contrastes de hipóteses.

Sinónimos

Citas

  • A decisión foi unánime
  • Mostrou sempre moita decisión ao enfrontarse cos seus rivais
  • O árbitro tomou unha decisión equivocada, Non adoptamos a decisión máis correcta

Formas incorrectas

apromo

Refráns

  • A quen dan en que escoller, danlle abondo que facer.
  • Máis fai o que quere có que pode.
  • Non falte vontá, que lugar e tempo non faltará.
  • Non quedo u por non querer senón por non poder.!
  • Nunca foi o acordo mellor có trasacordo.
  • O caso é que caso e xa non hai máis caso.
  • O gato saca as unllas, cando llas buscan.
  • Soilo me aconsellei e soilo chorei.