remover
remover
lat removēre
-
v t
Dar voltas a algo dentro dun recipiente de xeito continuo.
-
v t
Cambiar algo dun lugar a outro. Tm abs.
-
v t
Eliminar un inconveniente dun asunto determinado.
-
v t
Depoñer a alguén do seu cargo.
-
v t
Realizar investigacións nun asunto xa resolto ou esquecido. Tm v i.
-
v pron
Moverse no mesmo sitio.
Sinónimos
Citas
- A directiva removeuno da presidencia
- Antón removeu os papeis para atopar a factura, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Non removas máis que non vas atopar nada
- Nos días de calor removíase na cama
- Removeron o caso ata que deron co asasino, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Removeu e removeu e non deu coa solución
- Removeron os mobles para pintar as paredes
- Removeu o leite para que se mesturase co café