remover

remover

lat removēre

  1. v t

    Dar voltas a algo dentro dun recipiente de xeito continuo.

  2. v t

    Cambiar algo dun lugar a outro. Tm abs.

  3. v t

    Eliminar un inconveniente dun asunto determinado.

  4. v t

    Depoñer a alguén do seu cargo.

  5. v t

    Realizar investigacións nun asunto xa resolto ou esquecido. Tm v i.

  6. v pron

    Moverse no mesmo sitio.

Sinónimos

Citas

  • A directiva removeuno da presidencia
  • Antón removeu os papeis para atopar a factura, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Non removas máis que non vas atopar nada
  • Nos días de calor removíase na cama
  • Removeron o caso ata que deron co asasino, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Removeu e removeu e non deu coa solución
  • Removeron os mobles para pintar as paredes
  • Removeu o leite para que se mesturase co café