solución

solución

lat solutĭōne

Plural: solucións
  1. s f
    1. Acción de resolver un problema ou unha cuestión.

    2. Aquilo que resolve un problema ou unha cuestión.

  2. s f [MAT ]

    Resultado dun problema ou dunha operación matemática.

  3. s f
    1. Acción de disolver unha substancia nun líquido.

    2. Mestura en que os compoñentes, soluto e disolvente, se distribúen homoxeneamente en todo o sistema.

    1. s

      Fenómeno que ocorre nunha aliaxe cando os metais que se engaden ao metal principal forman, con este, unha masa onde se mesturan os diferentes compoñentes, que non cambian de natureza.

    2. solución sólida

      Mestura sólida homoxénea a escala molecular de dúas ou máis substancias.

  4. solución hipertónica [FISIOL ]

    Solución salina fisiolóxica que contén cloruros de sodio, potasio, calcio e outros sales, que son os principais sales do líquido que baña normalmente as células.

  5. solución reguladora [FISIOL ]

    Disolución que mantén o seu pH practicamente constante ao engadirlle unha cantidade moderada dun ácido ou dunha base. OBS: Tamén se denomina disolución amortecedora ou tampón.

Sinónimos

Refráns

  • Cun lobo non se mata outro.