rematar

rematar

re- + matar

  1. v t

    Poñer fin a aquilo que se estaba realizando.

  2. v t

    Acabar de matar a unha persoa ou animal que estaba agonizando.

  3. v t

    Facer ou colocar un remate nun tecido ou noutra cousa.

  4. v i

    Chegar algo á súa fin ou ao seu remate.

  5. v i [DEP ]

    Tirar á portaría o balón que se recibe doutro xogador.

Sinónimos

Citas

  • A costureira rematou os baixos do pantalón cun fío negro
  • O festival rematou a semana pasada
  • O futbolista rematou de cabeza
  • O paraugas remata en punta
  • Rematei o exame, OBS: Cando aquilo que finaliza está expresado en infinitivo, este vai precedido da preposición de, Xa rematei de comer
  • Rematou o can porque xa non tiña salvación

Palabras veciñas

remar remarcar rematado -da rematar remate remedar remediábel