regalicia

regalicia

lat tardío liquiritĭa lat glycyrrhīza gr γλυκύρριζα, γλυκύς ‘doce’ + ρίζα ‘raíz’

Plural: regalicias
  1. s f [PLANTA ]

    Planta herbácea perenne, da familia das fabáceas, que presenta o tronco leñoso, rizomatoso e doce, as follas imparipinnadas, con folíolos elípticos enteiros, as flores azuis e violetas, reunidas en acios cilíndricos, e os froitos en legume.

  2. s f [PLANTA ]

    Planta herbácea perenne, da familia das fabáceas, co tronco leñoso e doce, as follas compostas con tres folíolos lanceolados ou lineais, as flores rosadas ou purpúreas, olorosas, reunidas en glomérulos, e os froitos en legume rematados en punta e cunha ou dúas sementes.

  3. s f [MED ]

    Aditivo edulcorante que se extrae da raíz de Glycirrhiza glabra e que se emprega en bromatoloxía e farmacia.

Formas incorrectas

regaliz

Palabras veciñas

regalado -da regalar regalía regalicia regalismo regalista regalo