regalía

regalía

lat regāle ‘rexio’

Plural: regalías
  1. s f
    1. Prerrogativa que corresponde ao soberano nos seus dominios.

    2. Cada un dos dereitos que os soberanos europeos dos ss XVII e XVIII foron adquirindo en asuntos eclesiásticos grazas á política do regalismo.

  2. s f

    Privilexio eclesiástico outorgado pola Santa Sé a un soberano.

  3. s f

    Privilexio ou excepción privativa ou particular que ten alguén nalgunha cousa.