redutor -ra
redutor -ra
reducir
-
adx
Que reduce.
-
adx
[ECOL ]
Que transforma en materia inorgánica a materia orgánica.
-
s
m
[ENX ]
Dispositivo, transformador ou resistencia, para reducir o valor dunha tensión.
-
s
m
[QUÍM ]
Especie que nunha reacción de oxidación-redución cede electróns e se oxida.
-
materia redutora
[QUÍM ]
Materia orgánica contida na auga, valorada con permanganato potásico, que determina o índice de contaminación.
-
redutor de velocidade
[TECNOL ]
Transmisión que, sen modificar o réxime da árbore motor, lle confire á árbore movida unha velocidade inferior á daquela.