redutor -ra

redutor -ra

reducir

Plural: redutores Masculino: redutor Masculino plural: redutores Feminino: redutora Feminino plural: redutoras
  1. adx

    Que reduce.

  2. adx [ECOL ]

    Que transforma en materia inorgánica a materia orgánica.

  3. s m [ENX ]

    Dispositivo, transformador ou  resistencia, para reducir o valor dunha tensión.

  4. s m [QUÍM ]

    Especie que nunha reacción de oxidación-redución cede electróns e se oxida.

  5. materia redutora [QUÍM ]

    Materia orgánica contida na auga, valorada con permanganato potásico, que determina o índice de contaminación.

  6. redutor de velocidade [TECNOL ]

    Transmisión que, sen modificar o réxime da árbore motor, lle confire á árbore movida unha velocidade inferior á daquela.

Formas incorrectas

reductor -ra