recuperador -ra

recuperador -ra
Plural: recuperadores Masculino: recuperador Masculino plural: recuperadores Feminino: recuperadora Feminino plural: recuperadoras
  1. adx

    Que recupera.

  2. s m
    1. Dispositivo que permite recuperar unha cousa ou unha posición.

    2. [BÉL ]

      Mecanismo que absorbe momentaneamente a forza xerada polo retroceso dunha arma de fogo e que a restitúe para que o canón volva á súa posición inicial.

    3. [TECNOL ]

      Dispositivo que permite recuperar as augas brancas nas instalacións de fabricación de papel.

    4. [FÍS ]

      Aparato ou instalación que permite a recuperación dunha parte da calor dos gases de combustión dun fogón antes de se perderen na atmosfera.