recuperador -ra
recuperador -ra
Plural:
recuperadores
Masculino:
recuperador
Masculino plural:
recuperadores
Feminino:
recuperadora
Feminino plural:
recuperadoras
-
adx
Que recupera.
-
s
m
-
Dispositivo que permite recuperar unha cousa ou unha posición.
-
[BÉL ]
Mecanismo que absorbe momentaneamente a forza xerada polo retroceso dunha arma de fogo e que a restitúe para que o canón volva á súa posición inicial.
-
[TECNOL ]
Dispositivo que permite recuperar as augas brancas nas instalacións de fabricación de papel.
-
[FÍS ]
Aparato ou instalación que permite a recuperación dunha parte da calor dos gases de combustión dun fogón antes de se perderen na atmosfera.
-