recoñecer

recoñecer

lat recognescĕre

  1. v t

    Identificar unha persoa ou cousa xa coñecida con anterioridade.

  2. v t

    Admitir a verdade sobre algo.

  3. v t
    1. Examinar algo ou a alguén para percibir a súa identidade ou natureza.

    2. [MED ]

      Someter un individuo a un recoñecemento sistemático.

    3. [BÉL ]

      Examinar o terreo, normalmente antes da toma de decisión por parte dos xefes militares.

  4. v t

    Admitir unha cousa como oficial.

  5. v t

    Aceptar como lexítimo.

  6. v pron

    Confesar ou declarar a culpabilidade de algo.

  7. v pron

    Identificarse coa propia imaxe.

Citas

  • Non me recoñezo con este vestido
  • O xefe recoñeceulle todo o traballo que fixo na empresa
  • Os xeólogos recoñeceron a rocha para saber de onde proviña
  • Recoñeceríao no medio de mil persoas, Recoñecín a túa obra na exposición
  • Recoñeceu o crime tras o interrogatorio
  • Recoñeceu o neno como fillo seu
  • Recoñeceu que non estudiara nada
  • Recoñeceuse culpable do atraco
Conxugar
VERBO recoñecer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recoñezo
recoñeces
recoñece
recoñecemos
recoñecedes
recoñecen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recoñecía
recoñecías
recoñecía
recoñeciamos
recoñeciades
recoñecían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recoñecín
recoñeciches
recoñeceu
recoñecemos
recoñecestes
recoñeceron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recoñecera
recoñeceras
recoñecera
recoñeceramos
recoñecerades
recoñeceran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recoñecerei
recoñecerás
recoñecerá
recoñeceremos
recoñeceredes
recoñecerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recoñecería
recoñecerías
recoñecería
recoñeceriamos
recoñeceriades
recoñecerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recoñeza
recoñezas
recoñeza
recoñezamos
recoñezades
recoñezan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recoñecese
recoñeceses
recoñecese
recoñecesemos
recoñecesedes
recoñecesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recoñecer
recoñeceres
recoñecer
recoñecermos
recoñecerdes
recoñeceren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
recoñece
-
-
recoñecede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recoñecer
recoñeceres
recoñecer
recoñecermos
recoñecerdes
recoñeceren
Xerundio recoñecendo
Participio recoñecido
recoñecida
recoñecidos
recoñecidas