recoñecemento

recoñecemento

recoñecer

Plural: recoñecementos
  1. s m

    Acción e efecto de recoñecer ou recoñecerse.

  2. s m

    Expresión de gratitude.

    1. s

      Confesión que fai unha persoa dunha obriga.

    2. s

      Rexistro ou indagación que fai dalgunha cousa un xuíz ou un perito.

    3. recoñecemento de procura

      erificación que ten que efectuar un avogado, e nalgunha ocasión un funcionario público licenciado en dereito, para comprobar se unha escritura de poderes é xuridicamente suficiente para intervir nunha actuación xurídica.

  3. s m [BÉL ]

    Acción militar feita por unha forza pequena coa finalidade de explorar o territorio.

    1. recoñecemento de caracteres

      Tipo de recoñecemento de formas en que estas son signos gráficos ou caracteres.

    2. recoñecemento de formas

      Conxunto de técnicas e dispositivos que permiten organizar de maneira coherente a información recibida, mediante a busca e selección de formas comparables.

    3. recoñecemento da palabra/voz

      Técnica que ten como obxectivo a identificación por ordenador das palabras expresadas nun discurso verbal.

  4. recoñecemento feudal [HIST/DER ]

    Acción de manifestarse obrigado a un señor pola posesión dun territorio, dun castelo ou dun lugar en feudo, na Idade Media.

  5. recoñecemento sistemático [MED ]

    Exploración xeral, con carácter preventivo, dun individuo, aparentemente san ou sen síntomas dunha enfermidade determinada.

Sinónimos