reciprocidade

reciprocidade

lat reciprocitate

Plural: reciprocidades
  1. s f

    Calidade de recíproco.

  2. s f [ANTROP/CULT ]

    Intercambio de bens ou obxectos de valor, para establecer ou reforzar as relacións entre persoas sen que conte expresamente o valor económico ou o feito de chegar a un equilibrio entre os bens intercambiados.

  3. s f
    1. Situación, nas obrigas bilaterais, en que os dous contratantes teñen a mesma calidade de creditor e debedor.

    2. Dereito de igualdade e de mutuo respecto entre os estados.

Refráns

  • A demo, demo e medio.
  • A pillo, pillo e medio.
  • A quen lle negaches algo, nada lle pidas.
  • A ruín, ruín e medio.
  • A un ruín, outro ruín.
  • Coa vara que midas serás medido.
  • Como che faga o teu compadre, faille.
  • Como midas, hante medir.
  • Dáme e dareiche.
  • Golpe que se leva, mal se pode volver.
  • Man por man, coma o pardal.
  • Man por man, como pailán.
  • Mans que tomades ¿por que non dades?
  • Non hai costa sen val nin val sen costa.
  • Ó que dá de balde, darlle.
  • Obra saca obra.
  • Onde as dan, as toman.
  • Por iso che fago, para que me fagas, porque non es Deus que me vallas.
  • Unha boa obra págase con outra.
  • Unha man lava a outra e as dúas lavan a cara.
  • Xa que a auga non vai ao muíño, vaia o muíño á auga.