reciprocidade
reciprocidade
lat reciprocitate
-
s
f
Calidade de recíproco.
-
s
f
[ANTROP/CULT ]
Intercambio de bens ou obxectos de valor, para establecer ou reforzar as relacións entre persoas sen que conte expresamente o valor económico ou o feito de chegar a un equilibrio entre os bens intercambiados.
-
s
f
-
Situación, nas obrigas bilaterais, en que os dous contratantes teñen a mesma calidade de creditor e debedor.
-
Dereito de igualdade e de mutuo respecto entre os estados.
-
Refranes
- A demo, demo e medio.
- A pillo, pillo e medio.
- A quen lle negaches algo, nada lle pidas.
- A ruín, ruín e medio.
- A un ruín, outro ruín.
- Coa vara que midas serás medido.
- Como che faga o teu compadre, faille.
- Como midas, hante medir.
- Dáme e dareiche.
- Golpe que se leva, mal se pode volver.
- Man por man, coma o pardal.
- Man por man, como pailán.
- Mans que tomades ¿por que non dades?
- Non hai costa sen val nin val sen costa.
- Ó que dá de balde, darlle.
- Obra saca obra.
- Onde as dan, as toman.
- Por iso che fago, para que me fagas, porque non es Deus que me vallas.
- Unha boa obra págase con outra.
- Unha man lava a outra e as dúas lavan a cara.
- Xa que a auga non vai ao muíño, vaia o muíño á auga.