rafia

rafia

voz malgaxe

Plural: rafias
  1. s f [PLANTA ]

    Árbore monoica, da familia das arecáceas, que presenta o tronco groso e baixo, con follas pinnadas, moi grandes, de anverso verde escuro e reverso abrancazado e pruinoso e froitos dispostos en drupa, escamosos e pardos.

  2. s f
    1. Fibra que se extrae da epiderme das follas desta planta que se usa na fabricación de cordeis, esteiras e obxectos de cestaría.

    2. Fibra sintética que se obtén do polietileno, de aspecto semellante ao da rafia.