rafe

rafe
Plural: rafes
  1. s f [BIOL ]

    Liña de sutura que se dá entre dúas partes ou órganos dun animal.

  2. s f [BOT ]

    Resalte que presentan na marxe, desde o fío ata a cálaza, moitos primordios seminais anátropos e as sementes conseguintes, e que resulta da concrescencia do funículo co primordio seminal.

  3. s f [BIOL ]

    Suco que se forma na superficie dorsal dos embrións durante a néurula, en que se aloxará o cordón nervioso dorsal.