rabirrubio

rabirrubio

rabo + rubio

Plural: rabirrubios
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave do xénero Phoenicurus, da familia dos túrdidos, que se caracteriza por ter o rabo rubio e dimorfismo sexual.

  2. rabirrubio real [ANIMAL/ORNIT ]

    Rabirrubio en que o macho ten a plumaxe ventral, o peito e o rabo de cor rubia, o dorso grisáceo, e o rostro e gorxa negros, mentres que a femia é de cor parda polo dorso e clara polo ventre, coa cola rubia.

  3. rabirrubio tizón [ANIMAL/ORNIT ]

    Rabirrubio de plumaxe negra, co ventre branco, e mitra e rabo rubios, no caso do macho, e plumaxe parda cincenta nas femias, co rabo tamén rubio.

Palabras veciñas

rabiño rabión -na rabioso -sa rabirrubio rabisa rabisaco rābita*