punta

punta

lat puncta, terminación femenina de punctu, p p de pungĕre ‘picar, punzar’

Plural: puntas
  1. s f
    1. Extremo agudo dunha cousa.

    2. Extremo dunha cousa máis ou menos alongada.

    3. Parte extrema ou avanzada de algo.

  2. s f

    Cravo pequeno.

  3. s f

    Pequena cantidade de algo.

  4. s f [XEOG ]

    Brazo de terra de pouca extensión que se adentra no mar.

  5. s [DEP ]

    Xogador situado en posicións avanzadas e que xoga ao ataque.

    1. adx

      Que destaca.

    2. empresa punta [ECON ]

      Empresas ou sectores que constitúen a base da produción dos ingresos no proceso económico dunha nación ou nun sistema económico.

  6. hora punta

    Hora de máxima intensidade no traballo ou de movemento.

  7. punta seca [ARTE ]

    Gravado calcográfico que se obtén por estampado, sobre papel, dunha prancha de cobre ou cinc gravada polo artista mediante unha punta afiada de aceiro.

  8. punta de diamante [ARTE ]

    Adorno tallado en pedra ou noutro material que ten a forma dunha pirámide de pequena altura.

Sinónimos

Citas

  • A espada tiña a punta moi aguda
  • A pomba pousou na punta da árbore, Na punta da mesa sentou o avó
  • Bótalle só unha punta de sal á comida
  • Colleu o pano polas puntas
  • O campión ía na punta do pelotón

Frases feitas

  • De punta a punta/a cabo. Dun extremo ao outro.

  • Ter algo na punta da lingua. Estar a piques de dicir ou lembrar algo.

Palabras veciñas

punjabi punk* puño punta puntada puntal puntaría