pretorio

pretorio

lat praetoriu ‘tribunal do pretor’

Plural: pretorios
  1. s m [HIST ]

    Espazo central do campamento romano reservado ao pretor ou comandante da milicia.

  2. s m [HIST ]

    Lugar onde o pretor administraba xustiza.

  3. s m [HIST ]

    Fortaleza situada na fronteira do Imperio Romano.

  4. s m [HIST ]

    Residencia non urbana do emperador.

  5. s m [HIST ]

    Pazo dos gobernadores das provincias romanas.