preguiza

preguiza

lat pigritĭa

Plural: preguizas
  1. s f

    Aversión ao traballo ou á vida activa.

  2. s f

    Lentitude na realización de algo.

  3. s f [RELIX ]

    Sétimo e derradeiro dos pecados capitais, oposto á dilixencia segundo o catecismo.

Sinónimos

Refráns

  • A mala fiadeira a roca faille denteira.
  • A moita parada fai pouca andada.
  • A mozo sentado non lle encargues recado.
  • A nugalla non come pan nin dorme na cama nin viste camisa lavada.
  • A preguiza nunca fixo cousa boa.
  • Á raposa durmida non lle cae nada na boca nin na barriga.
  • Á ruín ovella a la parece que lle pesa.
  • Aramos -dixo a mosca ao boi.
  • Arremangouse a preguiza e botou lume á cociña.
  • As mañanciñas de abril son moi boas para durmir e as de maio son as mellores do ano.
  • As moitas paradas fan os días pequenos.
  • Barco parado non gaña frete.
  • Camarón que se dorme, vaino levando a corrente.
  • Casa, viña e poldro, fágano outros.
  • Coas moitas paradas acúrtanse os días.
  • Comer, ata enfermar; e gardar cama, ata sanar.
  • Dona que pouco fía sempre fai TUín camisa.
  • Home lacazán, na leira llo coñecerán.
  • Home preguiceiro, na festa é rebuldeiro.
  • Home preguizoso, o domingo é afanoso.
  • Home sentado non fai bo mandado.
  • Labrador larchán nio colle viño nin sega pan.
  • Man sobre man, coma a muller do escribán.
  • Marido na lareira, dor na faldriqueira que anda baleira.
  • Mariñeiro que dorme, peixes non colle.
  • Mocidade preguizosa, vellez traballosa.
  • Moitas veces se perde por preguiza o que se gaña por cobiza I xusticia.
  • Muíño parado non gaña maquía.
  • Nin mozo durmidor nin gato maiador.
  • Nunca ¡Tempo hai! fixo cousa boa.
  • Ó home lacazán, o caldo no pote e o legón na mano
  • O marido na cama e a fame na casa.
  • O mozo preguiceiro, por non dar un paso, dá un milleiro.
  • O mozo sentado non fai bo mandado.
  • O pastor descoidado mala conta ten do gando.
  • O que de mozo non traballa, de vello dorme na palla.
  • O que non quita a goteira terá que facer a casa enteira.
  • O que non se comezou, nunca se pode acabar.
  • O que se ergue tarde nin oe misa nin come carne.
  • O traballar é de xente de mal vivir, pois o día mose para descansar e a noite para durmir.
  • O traballo é para os burros.
  • O traxineiro non pode ser preguiceiro.
  • Preguiza ¿queres pan? -Si, señora, se mo dan -Pois logo tráeme o coitelo -Non, señora, non /lo quero.
  • Preguiza ¿queres pan? -Si, señora, se mo dan e se mo tran.
  • Quen foxe do traballo foxe do descanso.
  • Quen queira traballos que os busque e que lle aproveite.
  • Quen tempo ten e tempo espera, tempo é que o demo lle leva.
  • Raposo que moito dorme nunca boa galiña come.
  • Se o muíño non anda, a maquía non se gaña.
  • Todos aramos -dixo Valboa.
  • Tres camisas teño agora, non me chamen mangallona: unha téñoa no tear, outra xa a dei a fiar e outra que me dan agora.
  • Tres camisas teño agora; non me dirán mangallona: unha téñoa no tear, outra téñoa para fiar e outra que me fan agora.
  • Uns por outros, a casa sen varrer.
  • ¡Deus " dea traballos a quen os queira!
  • ¡Estrícate, galo, que a pelar te levan!
  • ¿A onde irás, boi, que non aras, senón á cortadoria?
  • ¿Que lle irnos facer?: descansar e volver beber.