preguiza
preguiza
lat pigritĭa
-
s
f
Aversión ao traballo ou á vida activa.
-
s
f
Lentitude na realización de algo.
-
s
f
[RELIX ]
Sétimo e derradeiro dos pecados capitais, oposto á dilixencia segundo o catecismo.
Sinónimos
Refranes
- A mala fiadeira a roca faille denteira.
- A moita parada fai pouca andada.
- A mozo sentado non lle encargues recado.
- A nugalla non come pan nin dorme na cama nin viste camisa lavada.
- A preguiza nunca fixo cousa boa.
- Á raposa durmida non lle cae nada na boca nin na barriga.
- Á ruín ovella a la parece que lle pesa.
- Aramos -dixo a mosca ao boi.
- Arremangouse a preguiza e botou lume á cociña.
- As mañanciñas de abril son moi boas para durmir e as de maio son as mellores do ano.
- As moitas paradas fan os días pequenos.
- Barco parado non gaña frete.
- Camarón que se dorme, vaino levando a corrente.
- Casa, viña e poldro, fágano outros.
- Coas moitas paradas acúrtanse os días.
- Comer, ata enfermar; e gardar cama, ata sanar.
- Dona que pouco fía sempre fai TUín camisa.
- Home lacazán, na leira llo coñecerán.
- Home preguiceiro, na festa é rebuldeiro.
- Home preguizoso, o domingo é afanoso.
- Home sentado non fai bo mandado.
- Labrador larchán nio colle viño nin sega pan.
- Man sobre man, coma a muller do escribán.
- Marido na lareira, dor na faldriqueira que anda baleira.
- Mariñeiro que dorme, peixes non colle.
- Mocidade preguizosa, vellez traballosa.
- Moitas veces se perde por preguiza o que se gaña por cobiza I xusticia.
- Muíño parado non gaña maquía.
- Nin mozo durmidor nin gato maiador.
- Nunca ¡Tempo hai! fixo cousa boa.
- Ó home lacazán, o caldo no pote e o legón na mano
- O marido na cama e a fame na casa.
- O mozo preguiceiro, por non dar un paso, dá un milleiro.
- O mozo sentado non fai bo mandado.
- O pastor descoidado mala conta ten do gando.
- O que de mozo non traballa, de vello dorme na palla.
- O que non quita a goteira terá que facer a casa enteira.
- O que non se comezou, nunca se pode acabar.
- O que se ergue tarde nin oe misa nin come carne.
- O traballar é de xente de mal vivir, pois o día mose para descansar e a noite para durmir.
- O traballo é para os burros.
- O traxineiro non pode ser preguiceiro.
- Preguiza ¿queres pan? -Si, señora, se mo dan -Pois logo tráeme o coitelo -Non, señora, non /lo quero.
- Preguiza ¿queres pan? -Si, señora, se mo dan e se mo tran.
- Quen foxe do traballo foxe do descanso.
- Quen queira traballos que os busque e que lle aproveite.
- Quen tempo ten e tempo espera, tempo é que o demo lle leva.
- Raposo que moito dorme nunca boa galiña come.
- Se o muíño non anda, a maquía non se gaña.
- Todos aramos -dixo Valboa.
- Tres camisas teño agora, non me chamen mangallona: unha téñoa no tear, outra xa a dei a fiar e outra que me dan agora.
- Tres camisas teño agora; non me dirán mangallona: unha téñoa no tear, outra téñoa para fiar e outra que me fan agora.
- Uns por outros, a casa sen varrer.
- ¡Deus " dea traballos a quen os queira!
- ¡Estrícate, galo, que a pelar te levan!
- ¿A onde irás, boi, que non aras, senón á cortadoria?
- ¿Que lle irnos facer?: descansar e volver beber.