aparello

aparello

aparellar

Plural: aparellos
  1. s m

    Conxunto de elementos que se combinan para realizar unha determinada función.

  2. s m [BIOL ]

    aparato.

    1. s

      Conxunto de utensilios necesarios para pescar.

    2. s

      Conxunto de redes e panos de rede empregados para a extracción directa do peixe.

  3. s m [MAR ]

    Conxunto da arboradura, cordames e velames dun barco, que serve para empuxar este valéndose da forza do vento.

  4. s m [MAR ]

    Cada unha das diferentes máquinas formadas por combinación de poleas cun cabo que traballa polas súas roldanas, empregadas para vencer grandes resistencias con poucos esforzos.

  5. s m pl

    Instrumentos empregados na labranza, no carro ou no muíño.

  6. s m pl

    Arreos que se lles poñen ás bestas para poder montalas ou cargalas.

  7. s m [ARQUIT/CONSTR ]

    Maneira de dispoñer os elementos empregados na construción dun muro, dunha parede ou das baldosas dun pavimento.

  8. s m [PINT ]

    Produto destinado a preparar o soporte sobre o que se aplica unha pintura, para obter un fondo ben liso e homoxéneo que non sexa excesivamente absorbente.

Sinónimos

Confrontacións

aveño, opus, til, utensilio

Citas

  • O mecánico sempre emprega moitos aparellos para amañar o meu coche
  • Teño dispostos os aparellos para comezar a labrar
  • Veñen de facer uns aparellos novos para as bestas