porfía
porfía
lat perfidĭa ‘mala fe’
-
s
f
Acción e efecto de porfiar.
-
s
f
Obstinación posta en conseguir algo.
Sinónimos
Refráns
- Con porfías non andes tódolos días.
- De tanto porfiar, un día ou outro ha cadrar.
- Díxome miña nai que porfiase, mais non que aventurase.
- Home porfiado ten o que quere por roncha e pesado.
- Non queiras ser porfiador nin discutir sen razón.
- Nunca sexas porfiador, inda que teñas razón. •
- O moito porfiar chega a rallar.
- Os porfiados fan ricos aos avogados.
- Pobre porfiado, codecha saca.
- Porfiar pero en xamais apostar.
- Quen porfía mata caza.
- ¿O moito porfiar quén se pode negar?