porco -ca
porco -ca
lat porcu
-
-
s
[ANIMAL ]
Mamífero doméstico, da familia dos súidos, que presenta orellas grandes e caídas, fociño chato con dúas grandes aberturas nasais, pel pouco recuberta de pelo cunha cor entre rosada, negra, amarela ou con manchas, patas curtas e pezuños de dúas dedas.
-
s
Carne deste animal.
-
s
[ANIMAL ]
-
adx
Que presenta falta de limpeza.
-
adx
Que é obsceno.
-
adx
Que presenta un comportamento desprezable.
-
porco bravo
[ANIMAL ]
xabaril.
-
porco espiño
[ANIMAL ]
Mamífero, da orde dos roedores, que presenta longas espiñas branquinegras nas costas, fociño chato e cor negra.
-
porco formigueiro
[ANIMAL ]
Mamífero da orde dos tubulidentados, co fociño parecido ao do porco e longa cola, que se alimenta de termites e formigas.
-
porco teixo
[ANIMAL ]
teixugo.
Sinónimos
Refráns
- . Se non matas porco,:non terás entrecosto.
- A porca de maio vale máis non comezos que no cabo.
- Á porca parida non lle deas fariña.
- Abo porco, boa landra.
- Ben boa vida pasa o porco, e mais dorme no cortello.
- Carne de porco touciño é.
- Ceba o porco dende agosto, se queres que estea gordo.
- Ceba o teu porco dende o mes de agosto, se queres que teña bo lombo.,
- Ceba o teu porco polo agosto, se queres ter bo porco.
- Comerás do porco e mudarás de acordo.
- Comerás do porco e xa verás como mudas de acordo.
- Comerciante e porco, despois de morto.
- Dálle ao porco do caldeiro e non do Ribeiro.
- Día de santo Tomé ao porco polo pe.
- Entrecostos e soás son honra das mesas e ósos para os cáns.
- Non ten entrecosto o que non mata porco.
- Ó porco dálle de comer, se o has de manter.
- O porco débelo manter, se ti o has comer.
- O porco no agosto pon o entrecosto.
- Ó porco, manteno e non lle cónte-Io tempo.
- O que non mata porco non dá morcilla nin entrecosto.
- O que non mata un porquiño non ten lacón nin touciño.
- Polo san Andrés colle o porco pes.
- Polo san Andrés hai porcos gordos para vender.
- Polo san Andrés mata o teu porco como é.
- Polo san Andrés mata o teu porco como o tes.
- Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa _ cuba / as túas cubas.
- Polo san Tomé colle o porco polo pe.
- Polo san Tomé dálle ao porco polo pe.
- Polo san Tomé, agarra o porco polo pe.
- Por san Andrés agarra o porco polos pes e, se non o queres matar, déixao para Navidá.
- Porco de febreiro vai co seu pai ao fumeiro.
- Porco fiado ronca todo o ano.
- Porco fiado, inverno e verán malo.
- Porco que está sen cebar non se debe matar.
- Porco que se está cebando, non hai san Antón que poida gardalo.
- Quen soilo ten un porco faino gordo.
- Tarde ou cedo van os porcos ao cortello.
- Teña eu porcos, anque non teña ollos.
- Un porco é unha botica.
- ¡Alegría, alegrote: que anda o rabo do porco no pote!