poder
-
-
s
Facultade ou capacidade para facer unha cousa.
-
s
Forza ou vigor de algo ou alguén.
-
s
Capacidade ou eficacia que ten algo.
-
poder absorbente
[FÍS ]
coeficiente de absorción.
-
poder calórico
[ALIM ]
Cantidade de calorías producidas no organismo por unidade de peso dun alimento.
-
poder calorífico
[FÍS ]
Cantidade de calor que libera unha unidade de masa, ou de volume se é un gas, dun combustible nunha combustión completa. Exprésase en quilocalorías por quilo ou en m 3 normal se é un gas.
-
poder de definición /
[IMAX/TECNOL ]
Capacidade dun obxectivo para reproducir os detalles dunha imaxe.
-
poder de transmisión
[FÍS ]
transmisividade.
-
poder emisivo
[FÍS ]
emisividade.
-
poder polarizante
[QUÍM ]
Capacidade dun ión de provocar a polarización dun ión de signo contrario.
-
poder redutor
[ALIM ]
Capacidade redutora das substancias, especialmente dalgúns azucres.
-
poder resolutivo/de resolución/ separador
[FÍS ]
Característica dun sistema óptico que determina a distancia mínima que ten que haber entre dous puntos para que, ao observalos a través do sistema, poidan verse separados.
-
poder rotatorio
[FÍS ]
Xiro angular que experimenta o plano de polarización da luz ao atravesar esta a unidade de grosor dunha substancia opticamente activa.
-
s
-
-
s
Capacidade de influír sobre algo ou alguén.
-
s
[ECON ]
Dominio dunha persoa, un grupo ou un país sobre os bens e servizos de consumo ou sobre os factores produtivos.
-
poder adquisitivo
[ECON ]
Cantidade de bens ou servizos que se poden adquirir cunha certa cantidade de diñeiro. Flutúa inversamente ás variacións dos prezos dos bens.
-
poder temporal PO
[POLÍT ]
Poder civil ou político, en oposición ao poder espiritual.
-
s
-
-
s
[DER/POLÍT ]
Goberno dun estado.
-
s
[DER/POLÍT ]
Conxunto de funcións da Administración Pública dispostas para ditar, executar e interpretar leis, dirixir a administración do benestar público e soster a orde pública. Nos países democráticos estableceuse a división entre poder lexislativo, poder executivo e poder xudicial.
-
s
[DER/POLÍT ]
Conxunto de forzas dun estado, especialmente as militares.
-
poder espiritual
[RELIX ]
Autoridade relixiosa ou eclesiástica que rexe os asuntos da vida relixiosa e da conciencia.
-
poder temporal
[RELIX ]
Poder civil exercido pola autoridade eclesiástica, sobre todo polos papas, sobre un territorio.
-
s
[DER/POLÍT ]
-
-
s
Instrumento ou acta en que consta este dereito.
-
matrimonio por poderes
Matrimonio contraído no que unha das partes ou ambas as dúas celebran o acto público contractual por medio dun apoderado.
-
s
Capacidade xurídica, outorgada por un mandato, legalmente escriturada, para poder actuar en nome e a favor doutra persoa.
-
s
Frases feitas
-
A poder de loc prep Con insistencia e esforzo. Ex: Conseguiu o que ten a poder de traballo.