plutocracia

plutocracia

gr πλυτοκρατία     ‘goberno dos ricos’

Plural: plutocracias
  1. s f [POLÍT ]

    Forma de goberno en que o poder reside nun grupo social minoritario ou reducido, privilexiado polo poder económico.

  2. s f

    Conxunto dos ricos que teñen poder ou influencia a causa da súa riqueza.