plusvalía

plusvalía

plus + valía

Plural: plusvalías
  1. s f
    1. Aumento no valor dun obxecto por causas externas, sen que se lle fixese ningunha mellora.

    2. [DER/ADM ]

      Aumento de valor duns inmobles por causa de inversións efectuadas polos entes públicos.

    3. [DER/ECON ]

      Aumento do valor corrente dos inmobles cando remata o período de imposición en relación ao valor que tiñan ao inicio do período.

  2. s f [ECON ]

    Expresión monetaria do valor incorporado á produción do traballo da que se apoderan os propietarios dos medios de produción.