anzol

anzol

lat *hamiceolu-, dim de hamu- ‘gancho, anzol’

Plural: anzois
  1. s m [PESCA ]

    Pequeno arpón ou gancho farpado, de metal, que vai atado ao sedal e no que se pon o engado para pescar.

  2. s m

    Aquilo que unha persoa discorre para enganar a outra.

Sinónimos

Citas

  • O pobriño non se decatou de nada, tragou o anzol ata a gorxa

Palabras veciñas

anxofanía anxova anyon* anzol ao AOC aoniano -na