percusión

percusión

lat percussiōne

Plural: percusións
  1. s f

    Acción e efecto de percutir.

  2. s f [BÉL ]

    Golpe violento dado polo percusor dunha arma de fogo e que provoca a detonación.

  3. s f [MED ]

    Método de exploración clínica que consiste en provocar certos sons dando golpes nunha rexión do corpo, co fin de coñecer o estado das vísceras subxacentes.

  4. instrumentos de percusión [MÚS ]

    Conxunto de instrumentos que producen o seu son grazas ao choque entre un percusor e unha superficie de tripa, metal ou madeira.