penacho

penacho

ital pennacchio

Plural: penachos
  1. s m

    Conxunto de plumas que teñen na cabeza certas especies de aves.

  2. s m

    Feixe de plumas que se emprega como adorno dunha cousa, principalmente de sombreiros e toucados.

  3. s m

    Crina do cabalo que cae sobre a súa cabeza.

  4. s m

    Parte dunha montaña ou dunha rocha que sobresae pola súa altura.

Confrontacións

carrapucho, crista

Palabras veciñas

pemmican* pena pena penacho penado -da penal penal