crista

crista

lat crista

Plural: cristas
  1. s f [ZOOL ]

    Excrecencia carnosa que teñen sobre a cabeza algunhas galináceas, xeralmente máis desenvolvida nos machos.

    1. s

      Parte máis elevada ou saínte de certas cousas.

    2. s [ANAT ]

      Estrutura alongada e estreita do organismo.

    3. s [BOT ]

      Arilo de pequenas dimensións formado sobre o rafe que presentan as sementes de moitas papaveráceas.

    4. s [XEOG ]

      Parte estreita da divisoria de augas dalgunhas montañas.

    5. s [XEOG ]

      Cada unha das beiras abruptas que envolven un anticlinal.

    6. s [XEOG ]

      Relevo dos fondos oceánicos de forma alongada.

    7. crista topográfica [XEOG ]

      Punto máis alto dunha elevación do terreo.

  2. s f [PLANTA ]

    Denominación popular que reciben algunhas especies de herbáceas do xénero Polygonum.

  3. s f [FÍS ]

    Punto onde unha onda ou unha magnitude variable no tempo toma o valor máximo dentro dun intervalo determinado.

Sinónimos

Citas

  • A crista do pavón é moi vistosa
  • As cotovías teñen unha crista de plumas
  • Partiu a crista da tibia xogando ao fútbol
  • Tráeme o sacho de crista, A crista da onda chegaba aos dez metros de altura

Frases feitas

  • Abaixarlle/baixarlle a un a crista. Humillar a algu

  • Darlle a un na crista. Vencer a algu

  • Erguer a crista. Adoptar unha actitude arrogante.

Formas incorrectas

cresta