pementa
pementa
lat pigmĕnta, pl de pigmentu ‘cor para pintar’
-
s
f
[BOT/ALIM ]
Froito da pementeira que pode ser negra cando o froito non está maduro e desecado, e branca cando o froito está maduro, desecado e privado de cubertas.
-
s
f
Especia picante que se elabora a partir deste froito.
-
pementa de auga
[PLANTA ]
Planta herbácea anual, da familia das poligonáceas, de gusto agre, que presenta follas lanceoladas agudas, flores rosadas ou brancas verdosas, agrupadas en espigas delgadas e froito nuclear trígono, negro e brillante.
-
pementa do monte
[FUNGO ]
Fungo, da orde dos agaricais, que se atopa en grupos, co sombreiro semicircular e láminas desiguais e anchas de cor laranxa sucia.